Repsol

Logo Repsol

Ruta

   

Unha historia ligada á innovación

   

Repsol sempre se caracterizou por ser unha compañía pioneira no campo da I+D+i. A súa historia está unida a fitos que a sitúan á cabeza da innovación no seu sector, e que van dende os primeiros éxitos en exploración de hidrocarburos en España ata a creación do Centro de Tecnoloxía Repsol, un dos máis importantes do mundo.

A historia da tecnoloxía na nosa compañía está marcada polos antecedentes da investigación e desenvolvemento en España e Arxentina.

Unha historia ligada á innovación

CAMPSA (Compañía Arrendataria del Monopolio de Petróleos S.A.), embrión do que é Repsol na actualidade, nace o 17 de outubro de 1927 coa función de administrar a concesión do monopolio estatal de petróleos. A creación da compañía supón un antes e un despois no progreso industrial español, principalmente no sector da refinaría.

A mediados do século XX constrúese o primeiro Centro de Investigación en Madrid, coa intención de que España non dependese do exterior en materia de subministracións e tecnoloxía. Uns anos despois inaugúrase en Cartaxena a primeira refinaría da Península Ibérica, situada en torno a unha planta de produción de lubricantes e asfaltos e outra de coxeración, ademais de instalacións mariñas no porto do val de Escombreras e un centro de investigación que foi equipado cunha moderna estación de ensaio para lubricantes e carburantes. Entre 1966 e 1975, construiríanse en España seis novas refinarías aproveitando todo o coñecemento adquirido ata o momento e a época de bonanza económica.

En canto á exploración de reservas de hidrocarburos, en 1964 CAMPSA logra o primeiro descubrimento en territorio nacional, concretamente en La Lora (Burgos), que produciría 85 barrís/día. Pero o grande éxito chegaría unha década despois, cando en agosto de 1975 se confirma a existencia do depósito Casablanca, na Costa de Tarragona, que, con 13.500 barrís/día, constitúe o máis importante encontrado en España.

No ano 2002 ábrese en Móstoles (Madrid) o Centro de Tecnoloxía Repsol   o máis grande en España (17 hectáreas de superficie) que agrupa todas as súas actividades de Investigación, Desenvolvemento e Innovación (I+D+i) da compañía. Máis de 400 profesionais traballan nas instalacións con equipos de alta tecnoloxía nas diversas áreas e proxectos: Exploración e ProduciónRefinamentoGas e Química.

Ligazóns relacionadas:

Volver

  • Avaliar páxina
  • Engadir a Favoritos
  • Imprimir
  • Liña separadora
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en Twittter
  • GooglePlus
  • Compartir noutras redes sociais
  • Delicious
  • Menéame
  • Buzz
  • Digg
  • MySpace
  • Wikio

Contacto

C/ Méndez Álvaro, 44
28045, Madrid (España)
Teléfonos: (34)  917 538 100 / (34) 917 538 000
Fax: (34) 913 142 821 / (34) 913 489 494

Blog de Innovación Tecnológica
Complexo Industrial Cartagena
  • Glosario

          

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.

Nota informativa: Os PDF só se atopan dispoñíbeis en castelán.