Repsol

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > Coñecer Repsol > Sector enerxético

Contexto enerxético

A enerxía é básica para mellorar os niveis de benestar das nosas sociedades. Dende Repsol pensamos que é fundamental coñecer o contexto enerxético mundial, en especial, co petróleo e os combustíbeis fósiles, que seguirán sendo a principal fonte enerxética no curto, medio e longo prazo.
Neste apartado, mostramos unha información enerxética sustentada en datos oficiais das principais axencias de enerxía e organismos económicos mundiais. Esta información é básica para entender os diferentes aspectos que interveñen nas flutuacións dos prezos e a demanda de enerxía ligada aos ciclos económicos.

Os datos que se resumen na sección contemplan as últimas previsións económicas; a situación actual e as previsións para o mercado enerxético a 2030; a distribución xeográfica das reservas, a produción e o consumo de petróleo e gas natural no mundo; a evolución dos prezos de referencia para o petróleo e o gas natural; así como a evolución do mercado do petróleo, que ofrecen unha visión xeral, clara e obxectiva de aspectos que inflúen no mundo enerxético de hoxe.

  • Contexto económico-financeiro

    As previsións de crecemento económico convértense na base para saber que evolución vai ter o sector enerxético no futuro. O Departamento de Estudos e Análise do Ambiente de Repsol publica periodicamente un informe sobre as previsións de crecemento económico e sobre o Informe de Estabilidade Financeira do Fondo Monetario Internacional.     

  • Matriz enerxética mundial

    É fundamental coñecer cal é a estrutura de consumo por fontes enerxéticas para analizar os retos aos que nos enfrontaremos no futuro. Nesta alínea encontrarás os datos e a evolución previsíbel da devandita matriz segundo a Axencia Internacional da Enerxía (AIE).     

  • Xeopolítica dos recursos

    O petróleo e o gas natural achegan conxuntamente máis da metade da enerxía primaria consumida a escala mundial. Por este motivo é importante identificar a diferenza existente entre os países que producen estes recursos e aqueles que os demandan.     

  • Evolución dos prezos

    Presentamos a evolución durante os últimos meses dos principais prezos marcadores ou benchmark internacionais do cru e do gas natural. Ademais, existen outros informes con inventarios de cru e produtos nos Estados Unidos e sobre o mercado do petróleo a curto prazo.    

 

  • Avaliar páxina
  • Engadir a Favoritos
  • Imprimir
  • Liña separadora
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en Twittter
  • GooglePlus
  • Compartir noutras redes sociais
  • Delicious
  • Menéame
  • Buzz
  • Digg
  • MySpace
  • Wikio

Última actualización: 26 de setembro de 2012

Contacto

C/ Méndez Álvaro, 44
28045, Madrid (España)
Teléfonos: (34)  917 538 100 / (34) 917 538 000
Fax: (34) 913 142 821 / (34) 913 489 494

  • Glosario

          

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.

Nota informativa: Os PDF só se atopan dispoñíbeis en castelán.