
Ao decidir participar no proceso de selección de vacantes xa che formularías as seguintes preguntas: quero desenvolver unha actividade comercial, técnica ou de xestión?, quero unha carreira internacional ou prefiro traballar na miña cidade?, que pasos previos teño que dar para acadar o meu obxectivo profesional a longo prazo?. Dámosche algunhas suxestións:
Proporcionarémosche información e asesoramento sobre a natureza das funcións que che estamos a propoñer, sobre as oportunidades de desenvolvemento que podes ter no posto ou sobre o que che permitirá aprender de modo que sirva de base para as túas metas a futuro.
