Contarmos cun equipo diverso é política de empresa. Significa confiar nas persoas de calquera nacionalidade e xénero, nas súas capacidades individuais, no seu potencial de desenvolvemento, nas súas habilidades e nas súas diferenzas.
Unha axeitada xestión da diversidade derivará en que sexamos unha empresa competitiva dentro do tecido empresarial. Entendemos a diversidade como unha fonte de importantes vantaxes competitivas. Porque enriquece e proporciona unha nova visión na toma de decisións, nos modelos de xestión e na visión dos novos retos.
A garantía de futuro
Na compañía presidida por Antonio Brufau traballan homes e mulleres de máis de 70 nacionalidades, persoas diferentes en idade, formación, cultura, capacidades e perfil profesional. Nesta compañía estase dando prioridade a unha xestión axeitada da diversidade.
En definitiva, facer desta diversidade unha política de empresa significa confiar nas persoas, nas súas capacidades individuais, no seu potencial de desenvolvemento, nas súas habilidades, nas súas diferenzas. Significa tamén transmitirlles esa confianza, isto só se pode conseguir facilitando ás persoas un crecemento integral, que permita compatibilizar o espazo persoal co profesional.
Igualdade de oportunidades
N.º homes: 13.200
N.º mulleres: 5.260
N.º nacionalidades: 74
N.º persoas con capacidades diferentes: 325
N.º persoas con xornada reducida: 240
N.º persoas con teletraballo: 90
Máis de 30 países e unha soa cultura: o respecto
O noso tempo esixe compañías que mostren os mellores valores sociais. En Repsol pensamos que a multiculturalidade non é unha moda: é un compromiso ético e profesional para o entendemento e o desenvolvemento de todos os potenciais. Empresa e persoas camiñan así cara a un entendemento real, produtivo e enriquecedor.
Repsol traballa para ser cada día unha empresa máis accesíbel, reflexo do mundo no que vivimos, onde as persoas con capacidades diferentes atopen a oportunidade de traballar e realizar a súa propia achega, desempeñando numerosas tarefas cun alto grao de compromiso e entusiasmo. A actuación da compañía oriéntase a unha xestión de persoas baseada en criterios de méritos e compromiso de excelencia. Repsol aspira a ser a compañía máis atractiva para desenvolver unha carreira profesional.
Ligazóns relacionadas:
