
Ofrecémosche a posibilidade de desenvolverte nas distintas áreas que compoñen a nosa compañía, coma Enxeñaría, Calidade, Seguridade e Medio Ambiente, Investigación e Desenvolvemento, Exploración e Produción, Compras, Persoas e Organización, Contabilidade, Márketing, Publicidade, Sistemas, Económico-Financeiro... Ademais, podes realizar estas prácticas nas nosas oficinas centrais ou nos complexos industriais. A incorporación ao Programa de Bolsas realizarase en función do teu perfil e da demanda de prazas que teñamos nese momento.
Se aínda estás a estudar
Existen bolsas para estudantes que se poden gozar tanto no penúltimo coma no último ano de carreira. O requisito é ter o 50% dos créditos da carreira aprobados, polo que está especialmente indicada para estudantes universitarios. Esta bolsa pódese distribuír de xeito flexíbel ao longo do curso ou ben pode concentrarse nos meses de verán, o que adoita acontecer nos complexos industriais. Podes desenvolver connosco o teu proxecto final de carreira, realizando prácticas nalgunha das nosas áreas.
Se xa remataches os teus estudos
Tamén podes optar a unha bolsa se formas parte de programas Citius, Optimus, ou se realizaches estudos en distintas Escolas de Negocio ou Centros de Estudo.
Se a túa bolsa ten unha duración polo menos de 6 meses e tes unha titulación superior finalizada, poderías optar a un programa de formación interno (Programa de Formación Impulsa) e realizar un curso de competencias xenéricas on-line mediante seguimento con un titor.

Contacto con Recursos Humanos
Correo-e: erecruiting@repsol.com