Repsol

Logo Repsol

Ruta

O beneficio neto de Repsol, excluíndo YPF, aumenta un 12,4% ata acadar os 643 millóns de euros

  • O beneficio neto total, incluído o de YPF e Repsol YPF Gas, ascendeu a 792 millóns de euros, cunha mellora do 3,5%.
  • Co fin de dar transparencia e facilitar a análise dos seus resultados, adicionalmente aos estados financeiros elaborados de acordo con NIIF, Repsol decidiu presentar tamén as súas principais magnitudes excluíndo a achega das actividades de YPF e Repsol YPF Gas durante o período, tras a ilegal expropiación por parte do goberno arxentino do 51% da súa participación en YPF, decretada o 16 de abril.
  • O EBITDA de Repsol, ex YPF, aumentou un 10,5%, ata acadar os 1.926 millóns de euros.
  • Repsol proseguiu acumulando éxitos exploratorios, entre os que destaca o descubrimento de Pão de Açúcar en Brasil, un dos tres maiores descubrimentos de hidrocarburos do mundo en 2012. Os resultados do Upstream aumentaron un 33,5%, pola maior produción no Golfo de México, a normalización das actividades en Libia e a favorábel evolución dos prezos da cesta de crus da compañía.
  • O resultado de explotación de Repsol, ex YPF, medrou un 8,7% no primeiro trimestre do ano, ata os 1.330 millóns de euros.
  • Repsol mantén unha sólida posición financeira e unha liquidez suficiente para cubrir 3,5 veces os seus vencementos de débeda a curto prazo. A débeda neta do Grupo Repsol, excluíndo Gas Natural Fenosa e YPF, reduciuse en 662 millóns de euros respecto ao peche de 2011.
  • O próximo 29 de maio, Repsol presentará o seu Plan Estratéxico (2012-2016) sustentado no crecemento orgánico da área de Upstream, a consolidación dos niveis de conversión do refino tras a ampliación das refinarías de Cartexena e Bilbao, unha carteira de activos máis equilibrada, o mantemento da súa solidez financeira, e a axeitada retribución aos seus accionistas.            

Nota de Prensa

10 de maio de 2012 08:00 CET

O pasado 16 de abril o Poder Executivo da República Arxentina anunciou, decretou e executou a súa decisión de expropiar o 51% das accións Clase D de YPF, todas elas pertencentes a Repsol. Igualmente dispuxo a intervención de YPF, S.A. e nomeou o Ministro de Planificación, Julio de Vido, interventor da compañía, con todas as facultades do seu Consello de Administración.

Por outra parte, o 18 de abril de 2012 o Goberno arxentino promoveu idéntica medida con relación a Repsol YPF Gas S.A., compañía na que Repsol tiña unha participación de aproximadamente o 85% do seu capital.

Para facilitar a análise dos resultados e a situación financeira do Grupo Repsol, os datos contidos neste comunicado de prensa refírense aos estados financeiros axustados do Grupo nos que se illa e identifica a achega deYPF e Repsol YPF GasA declaración intermedia rexistrada na CNMV no día de hoxe contén tamén os estados financeiros consolidados o 31 de marzo de 2012 elaborado conforme ás NIIF.

Repsol acadou no primeiro trimestre do ano un beneficio neto de 643 millóns de euros, un 12,4% máis que os 572 millóns de euros rexistrados no mesmo período do exercicio anterior. Incluíndo as actividades de YPF, o resultado neto do trimestre ascendeu a 792 millóns de euros, cunha mellora do 3,5% fronte aos 765 millóns de euros do mesmo período do ano anterior.

O crecemento dos resultados debeuse, fundamentalmente, á mellora dos prezos de realización do cru e do gas de Repsol, con incrementos do 15,5% e 12,1% respectivamente, á práctica normalización da actividade en Libia e aos maiores resultados da división de gas natural licuado (GNL).

O resultado de explotación de Repsol durante os tres primeiros meses do ano aumentou un 8,7% ata situarse en 1.330 millóns de euros fronte aos 1.223 millóns de euros do mesmo período do exercicio anterior.

A xestión do negocio permitiu aumentar un 33,5% o resultado de explotación do Upstream, e un 37,4% o resultado da división de GNL. Pola súa banda, o resultado de explotación do Downstream, cun descenso do 24,6%, viuse directamente afectado pola crise económica, que impactou nos negocios de Química, GLP e Márketing. O incremento no volume destilado no refino de España e a maior optimización da produción compensaron parcialmente ese impacto.

A débeda financeira neta do Grupo Repsol, excluíndo Gas Natural Fenosa e YPF, situouse en 4.174 millóns de euros ao final do trimestre, o que supón unha redución de 662 millóns de euros respecto á débeda neta no momento do peche de 2011; ahi que destacar o alto EBITDA xerado no período, ex YPF, que acandou os 1.926 millóns de euros, un 10,5% superior aos 1.743 millóns de euros do primeiro trimestre do exercicio 2011.

Adicionalmente, hai que sinalar a colocación en xaneiro de 2012 entre investidores profesionais e cualificados de accións representativas dun 5% do capital social que Repsol tiña como autocarteira, por un importe de 1.364 millóns de euros. No primeiro trimestre realizouse así mesmo o pagamento do dividendo a conta do exercicio 2011, por un importe de 635 millóns de euros.

Repsol mantén unha sólida posición financeira e unha liquidez suficiente para cubrir 3,5 veces os seus vencementos de débeda a curto prazo. A proporción de débeda neta sobre capital empregado, excluíndo Gas Natural Fenosa e YPF, foi do 12,8% ao final do período, o 22,1% se consideramos as accións preferentes.

Upstream Vector de crecemento

O resultado de explotación da área de Upstream ao final do primeiro trimestre de 2012 ascendeu a 654 millóns de euros, un 33,5% máis que no mesmo trimestre do exercicio anterior. Este aumento explícase fundamentalmente polos maiores prezos de realización do cru e do gas, e pola maior produción de líquidos en Libia e Shenzi (Estados Unidos).

Hai que destacar o aumento do prezo de realización do gas de Repsol nun 12,1%, a pesar do forte descenso da cotización internacional do Henry Hub, que foi dun 33,4% no período. Igualmente, os prezos da cesta de cru de Repsol aumentaron un 15,5%, máis que o incremento experimentado no trimestre polos prezos internacionais dos crus de referencia, que foi do 12,5% no caso do Brent e do 8,9% no do WTI. Este crecemento dos prezos de realización de Repsol tivo un impacto positivo no resultado de 106 millóns de euros netos do efecto de regalías.

A produción de hidrocarburos no trimestre alcanzou os 323.297 barrís equivalentes de petróleo ao día, similar á do mesmo período de 2011. En Libia a produción aumentou un 33% ata situarse ao 90% dos niveis de produción previos ao conflito bélico rexistrado en 2011.

Tamén se incrementou a produción en Shenzi (Estados Unidos) tras o levantamento da moratoria de perforación, correspondeu a Repsol unha produción neta no trimestre de 30.426 barrís equivalentes de petróleo ao día. En Trinidad e Tobago produciuse un 9% menos debido fundamentalmente a labores de mantemento e á parada programada para mellora das instalacións.

Repsol anunciou en febreiro o descubrimento de petróleo Pão de Açúcar, en augas profundas da conca de Campos (Brasil), un dos tres maiores realizados no mundo en 2012. O pozo encontrou dúas acumulacións de hidrocarburos cunha altura total de 500 metros, unha das máis altas coñecidas ata agora en Brasil e, segundo as primeiras avaliacións, contén un gran potencial de recursos de alta calidade cunhas taxas excelentes de fluxo de petróleo. 

En Alaska, Repsol finalizou a campaña coa perforación de dous pozos Kachemach e Qugruk, cuxos primeiros datos se están avaliando. A compañía ten previsto continuar coa definición dos campos na área durante a campaña de perforacións do próximo inverno.

Tamén no mes de febreiro Repsol comezou a incorporar produción e reservas de hidrocarburos non-convencionais dende o depósito Mississippian Lime, en Estados Unidos, en liña co previsto. 

Repsol está realizando actualmente a perforación de catro pozos exploratorios, un no brasileiro bloque de Santos 44 (Itaborai), un en Bolivia (Sararenda), un en Guyana (Jaguar) e un en Cuba (Jagüey).

Os investimentos de explotación na área de Upstream foron de 610 millóns de euros, un 39,9% máis que nos tres primeiros meses de 2011. Os investimentos en desenvolvemento realizáronse fundamentalmente en Estados Unidos, Trinidad e Tobago, Venezuela, Brasil e Bolivia. Os investimentos en exploración destináronse principalmente a Estados Unidos, Brasil, Cuba e Serra Leoa.

Durante este ano completouse e púxose en marcha a Fase I do proxecto Margarita Huacaya en Bolivia, que ampliou a capacidade de procesamento de gas ata os 9 millóns de metros cúbicos diarios. O proxecto contempla unha segunda fase que permitirá aumentar a capacidade de procesamento de gas ata os 15 millóns de metros cúbicos diarios a principios de 2014. Repsol opera en consorcio este proxecto, cunha participación do 37,5%. BG Bolivia Corporation posúe outro 37,5% e PAE E&P Bolivia Limited o 25% restante.

O resultado de explotación da división de GNL no primeiro trimestre do ano ascendeu a 158 millóns de euros fronte aos 115 do mesmo período do ano anterior, cunha mellora do 37,4%, debida fundamentalmente ás maiores marxes de comercialización do GNL.

Downstream: A segunda mellor marxe de refinamento de Europa

A entrada en operación das ampliacións das refinarías de Cartexena, xa a pleno rendemento, e Bilbao, supuxeron un aumento significativo do volume destilado en España, se ben non compensou na súa totalidade o efecto negativo da crise económica sobre os negocios de Química, as menores vendas nas estacións de servizo do Márketing e a caída das marxes no GLP. Todo iso explica o descenso dun 24,6% do resultado de explotación da área de Downstream (Refino, Márketing, GLP, Trading e Química) no primeiro trimestre de 2012, que se situou en 332 millóns de euros no momento do peche do período. 

O negocio de refinamento tivo un impacto positivo de 9 millóns de euros sobre o resultado da área, debido ao xa citado maior volume destilado en España e á optimización da produción que permitiu mellorar a marxe. Repsol presenta a segunda mellor marxe de refinamento integrada das refinarías europeas, triplica a marxe media do sector.

Os investimentos de explotación da área de Downstream no trimestre ascenderon a 138 millóns de euros, inferiores aos do mesmo período de 2011 como consecuencia da finalización dos proxectos de ampliación e conversión de Cartexena e a unidade redutora de fuel de Bilbao.

Gas Natural Fenosa

O resultado de explotación de Gas Natural Fenosa no primeiro trimestre do ano en curso ascendeu a 246 millóns de euros, en liña cos 247 millóns de euros do mesmo período de 2011. 
Os investimentos de explotación de Gas Natural Fenosa nos primeiros tres meses de 2012 alcanzaron 67 millóns de euros e destináronse fundamentalmente a actividades de distribución de gas e electricidade en España e Latinoamérica.

Táboas de resultados. PDF (36 KB).

Este documento non constitúe unha oferta ou invitación para adquirir ou subscribir accións de Repsol, de acordo co estabelecido na Lei 24/1988, do 28 de xullo, do Mercado de Valores e na súa normativa de desenvolvemento. Así mesmo, este documento non constitúe unha oferta de compra, de venda ou de troco nin unha solicitude dunha oferta de compra, de venda ou de troco de títulos valores en ningunha outra xurisdición. 

Este documento contén información e afirmacións ou declaracións que constitúen estimacións ou proxeccións de futuro sobre Repsol. As devanditas estimacións ou proxeccións poden incluír declaracións sobre plans, obxectivos e expectativas actuais, incluíndo declaracións en relación con tendencias que afecten á situación financeira de Repsol, proporcións financeiras, resultados operativos, negocios, estratexia, concentración xeográfica, volumes de produción e reservas, gastos de capital, aforros de custos, investimentos e políticas de dividendos. As devanditas estimacións ou proxeccións poden incluír tamén asuncións sobre futuras condicións de tipo económico ou de calquera outro tipo, tales como os futuros prezos do cru ou outros prezos, marxes de refinamento ou mercadotecnia e tipos de cambio. As estimacións ou proxeccións de futuro identifícanse xeralmente polo uso de termos como "espera", "anticipa", "prognostica", "cre", "estima", "aprecia" e expresións similares. As devanditas declaracións non constitúen garantías dun futuro cumprimento, prezos, marxes, tipos de cambio ou de calquera outro suceso, e encóntranse suxeitas a riscos significativos, incertezas, cambios e outros factores que poden estar fóra do control de Repsol ou que poden ser difíciles de prever. Entre tales riscos e incertezas están aqueles factores e circunstancias identificadas nos documentos rexistrados por Repsol e as súas filiais na Comisión Nacional do Mercado de Valores en España, na Comisión Nacional de Valores en Arxentina, na Securities and Exchange Commission dos Estados Unidos de América e no resto de autoridades supervisoras dos mercados nos que se negocian os valores emitidos por Repsol e/ou as súas filiais.  

Salvo na medida que o requira a lei aplicábel, Repsol non asume ningunha obriga -aínda cando se publiquen novos datos ou se produzan novos feitos- de informar publicamente da actualización ou revisión destas manifestacións de futuro

A información incluída neste documento non foi verificada nin revisada polos auditores externos de Repsol.


Buscador de Prensa

Titulares no teu móbil
  • Glosario

          

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.

Nota informativa: Os PDF só se atopan dispoñíbeis en castelán.