Repsol

Logo Repsol

Ruta

   

Xestión do talento

   

Para potenciar a xestión de persoas como factor clave da competitividade, despregamos en toda a organización e todos os negocios unha ferramenta denominada mapa de competencias.

Dispoñemos de dúas ferramentas para a xestión do talento: o people review e o development center.

Xestión de persoas

Da identificación e do desenvolvemento do talento depende en boa medida a nosa competitividade e sostibilidade como empresa líder. No Plan de Persoas e Organización Anual (PROA) das distintas unidades, estas reflicten o conxunto de accións previstas no ámbito da xestión de persoas. Os contidos do PROA de cada unidade veñen determinados pola súa estratexia, obxectivos e circunstancias específicas, aínda que, con carácter xeral, se prevén, entre outros, o Plan de sucesións, o Plan de mobilidade, o Plan de formación e o Plan de comunicación.

Mapas de competencias para desenvolver todo o noso potencial

É básico para o éxito dos nosos negocios xestionar o talento das persoas e o seu coñecemento do xeito máis eficiente. Mediante o Proxecto de competencias técnicas, postos tipo e itinerarios formativos, conseguimos localizar, integrar e avaliar o coñecemento técnico e os itinerarios de formación necesarios para cubrir as competencias identificadas como decisivas.

O resultado é un novo modelo, moderno e dinámico, que permite avaliar as competencias de cada persoa respecto ao perfil requirido para o seu posto. Deste xeito podemos identificar fortalezas e áreas de mellora tanto a nivel individual coma a nivel de compañía.

Unha vez identificadas as necesidades en materia de competencias técnicas, asignamos unha ruta de aprendizaxe que permita satisfacelas. 

   

Plan de Persoas e Organización Anual (PROA)

Os contidos do PROA veñen determinados pola estratexia People Review.

As sesións de People Review consisten en tres liñas fundamentais:

1. Identificar o talento buscando as persoas con maior potencial de desenvolvemento. 
2. Desenvolver o talento estabelecendo plans de desenvolvemento para estas persoas. 
3. Xestionar o talento asegurando que os postos clave dispoñen de sucesores e cobertura axeitados, tanto no curto prazo coma no medio prazo.    

Durante as sesións de People Review, os comités de negocio ou de área reúnense para identificar entre os seus colaboradores persoas de alto potencial, tendo en conta a proposta de mulleres para os procesos de promoción e desenvolvemento e asegurar a súa participación en formación para altos potenciais.

Nalgunhas áreas puxéronse en marcha accións como resultado das sesións de People Review, como os movementos organizativos, tanto en posicións directivas coma en non-directivas, promocións e deseño de plans de desenvolvemento individual para as persoas avaliadas con asignación a proxectos clave e formación específica tanto técnica coma de xestión. 

Ligazón relacionada:

      

  • Avaliar páxina
  • Engadir a Favoritos
  • Imprimir
  • Liña separadora
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en Twittter
  • GooglePlus
  • Compartir noutras redes sociais
  • Delicious
  • Menéame
  • Buzz
  • Digg
  • MySpace
  • Wikio

Última actualización: 31 de maio de 2012

Contacto

C/ Méndez Álvaro, 44
Teléfonos: (34) 91 75 38 100 / (34) 91 75 38 000
28045 Madrid (España)
repsolteescucha@repsol.com

Informe de Responsabilidade Corporativa 2011
Libro branco do Teletraballo en Repsol
  • Glosario

          

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.

Nota informativa: Os PDF só se atopan dispoñíbeis en castelán.