Repsol

Logo Repsol

Ruta

   

Mobilidade interna

   

A mobilidade interna supón un factor de crecemento xa que permite a oportunidade de coñecer de primeira man os distintos negocios e de asumir diferentes competencias ao longo da carreira profesional.

Cada ano realízanse mobilidades internas dentro da nosa compañía, favorecendo o desenvolvemento profesional das persoas. 

O Servizo de Asignación e Contratación Internacional (SCAI) encárgase de facer máis doada a vida do traballador nun país estranxeiro.

A nosa Norma de Cobertura de Vacantes potencia a mobilidade interna e a optimización dos equipos de traballo.

A xestión de persoas en Repsol trata de ofrecerlles aos profesionais novas oportunidades de desenvolvemento. Para iso impulsamos un novo enfoque de desenvolvemento vinculándoo intrinsecamente á mellora persoal e profesional e buscando dar resposta tanto ás necesidades da compañía coma aos intereses das persoas.

Unha das iniciativas resultantes deste novo enfoque é a Mesa de Desenvolvemento e Mobilidade, constituída en febreiro de 2011 e formada por un equipo de traballo integrado por representantes da área de Persoas e Organización de todos os negocios e unidades corporativas da compañía. O obxectivo é xerar oportunidades de desenvolvemento para as persoas de Repsol, aliñando os seus perfís profesionais cos requiridos pola compañía para poder afrontar con éxito os novos retos.

Na súa primeira convocatoria acordáronse 33 mobilidades no grupo de directivos e xerentes.

Expatriados 

A unidade de expatriados, denominada Servizo de Asignación e Contratación Internacional (SCAI), ten como labor acomodar e facer máis doada a vida do expatriado nun país estranxeiro. Baséase nos seguintes eixes:

  • Orientación ao servizo do expatriado e mellora de imaxe nos clientes internos. 
  • Eficacia e eficiencia dos procesos de traballo. 
  • Atención ás familias do persoal en asignación internacional e integración destas no ámbito social. 
  • Mellora da calidade dos provedores de servizos ao persoal internacional.          

Ligazóns relacionadas:


  • Avaliar páxina
  • Engadir a Favoritos
  • Imprimir
  • Liña separadora
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en Twittter
  • GooglePlus
  • Compartir noutras redes sociais
  • Delicious
  • Menéame
  • Buzz
  • Digg
  • MySpace
  • Wikio

Última actualización: 24 de maio de 2012

Contacto

C/ Méndez Álvaro, 44
Teléfonos: (34) 91 75 38 100 / (34) 91 75 38 000
28045 Madrid (España)
repsolteescucha@repsol.com

Informe de Responsabilidade Corporativa 2011
Libro branco do Teletraballo en Repsol
  • Glosario

          

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.

Nota informativa: Os PDF só se atopan dispoñíbeis en castelán.