
Repsol, no seu compromiso coa sociedade, traballa para facilitar o acceso a repsol.com de todas as persoas, independentemente das súas condicións:
En 2007 renovouse repsol.com seguindo os estándares do Consorcio World Wide Web (W3C
): XHTML 1.0 e CSS 2.0.
En 2008 unha mostra representativa de páxinas de repsol.com foi sometida a unha auditoría para determinar o seu grao de accesibilidade segundo os estándares comunmente aceptados. Como instrumento para medir a accesibilidade usáronse as Pautas de Accesibilidade ao Contido na Web (WCAG 1.0) definidas pola Iniciativa de Accesibilidade Web (WAI
) do W3C. Estas pautas están compostas por unha serie de puntos de verificación que hai que cumprir para conseguir un contorno web accesíbel. A auditoría foi levada a cabo por ADESIS, empresa membro do W3C dende o ano 2007.
Repsol.com, en novembro de 2008, alcanzaba os seguintes niveis de cumprimento:

Durante 2009 repsol.com redeseñou a sección de información corporativa, incorporando criterios de accesibilidade web. Nestes momentos está en proceso de auditoría.
En 2010, Repsol redeseñou a súa sección de Produtos e Servizos.
O redeseño realizouse e definiuse de acordo coas fases estabelecidas na metodoloxía denominada Deseño Centrado no Usuario (DCU). Deste xeito, e segundo o especificado na norma ISO/IEC 9126, permitiuse a participación de usuarios finais a través de probas reais. Este feito permitiu a anticipación de futuros problemas de interacción e a súa solución de acordo con estándares de usabilidade e experiencia de usuario.
Ademais desta adaptación, definiuse de acordo coa norma UNE 139803:2004, «Aplicacións informáticas para persoas con discapacidade. Requisitos de accesibilidade para contidos na web», que estabelece as características que han de cumprir os contidos dispoñíbeis mediante tecnoloxías web en Internet, para que poidan ser utilizados pola maior parte das persoas, incluíndo persoas con discapacidade e persoas de idade avanzada, de forma autónoma ou mediante as axudas técnicas pertinentes.
Deste modo, aplicáronse certos criterios de accesibilidade e semántica web para adaptar esta sección ao nivel AA das WCAG 1.0 e 2.0. Entre todos estes criterios, cómpre salientar os seguintes:
Actualmente, a sección está en proceso de validacións finais e auditorías.
Notas de prensa relacionadas